Archivo de la etiqueta: Marcel Proust

Combray

por Begoña Díez Sanz

Leveime ós beizos unha cullerada de té no que [ ]

Que extensión lle podo pór
ó amor na súa expresión máis carnal,
á beleza dos mapas de bits sobre o meu lombo
arqueada sobre o bucolismo do teu clímax máis sonoro.

Cada baldosa da túa cociña
tiña algo de ilusorio
[fantasía arquitectónica de corpos espidos enriba da mesa]

todo era sumerxible dende a óptica da escuma
fíxenme explícita en corpo e implícita en funcións
con toda esa cosmogonía coa que me penetrabas:
sen ás, nin escudos, nin mazás (…)
e aínda así, fomos arquetipos.

Se Proust nos vise foder
sería a túa lingua a que tivese perdurado
coma paradigma da memoria.

Un pracer delicioso invadiume, illoume, sen noción do que o orixinaba [ ]

Begoña Díez Sanz (Universidade de Santiago de Compostela) é Licenciada en Filoloxía Hispánica con un mestrado en Estudios Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e outro en Ensino do Español como Lingua Estranxeira. Desde 2011 participa en diversos congresos internacionais relacionados coa literatura e a teoría literaria. É autora de varios artigos sobre microrrelato e teatro breve, e do poemario Camarada: Eu só quería facer algo bonito, publicado por Follas Novas Edicións en 2014. | Camarada: Eu só quería facer algo bonito en Facebook

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo H3, Poesía