Archivo de la etiqueta: banca

JANO

Alejandro Viñuela Agra, “Jano” es Licenciado en Bellas Artes por la facultad de Pontevedra y ha ganado premios como el Injuve en el 2002, el Certame Ourense en el 2003 o el Golden Globos 2011. Trabaja como historietista, ilustrador y diseñador gráfico.

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo H1, Viñeta

XUBILACIÓN ACTIVA

por Charo Cuba

 

Desde que Pancho e Antón lle propuxeran o caso, non podía sacar a teima da cabeza; polo menos agora tíñaa ocupada en algo. Naturalmente, el negárase en redondo e eles marcharan decepcionados, pero entretíñase matinando e iso divertíao. Sara observábao de esguello, preguntándose que andaría tramando, e por fin parecíalle ver luz no fondo dos seus ollos.

Había un ano que, da noite para a mañá, o prexubilaran cos outros dous traballadores máis antigos da oficina. Entre os tres conseguiran a clientela e loitaran con ela desde que abriran a sucursal. Levaba trinta anos traballando como se o banco fose seu, investindo alí moitos esforzos e moitas ilusións, ademais, o mesmo banco llo recoñecera outorgándolle unha medalla como director exemplar. Nos últimos tempos empezaran a ter inspeccións de yuppies arrogantes con esixencias estrafalarias, que só falaban de optimizar recursos, de poñer en valor e de reducir custos, pero que non sabían nada de ir tomar un café cun cliente e interesarse pola cota do leite ou polos estudos dos netos.

Para el fora un mazazo. Cada vez que o pensaba sentía un lategazo de frustración no peito. Envolvíao, noite e día, unha nube de cinza que lle impedía apreciar as cores da vida. Pancho e Antón tomárano mellor, ou iso dicían eles, porque cando Sara o arrastraba para saír dar unha volta, tamén os vía andar desnortados, vagando pola vila. Facendo a ruta do colesterol, dicían eles.

El intentaba ocuparse, metódico e sistemático. Erguíase á mesma hora de antes, a pesar de que os pensamentos se lle desmandaban nun remuíño que tiraba por el cara ao fondo. Agora, empeñábase en facer sempre el a compra e en cociñar. Non perdía un programa de Arguiñano e facía, primorosamente, todas as receitas ao día seguinte. Tiña o dedo teso de facer solitarios no ordenador e, de vez en cando, sorprendíase apampando ante as telenovelas, aínda que disimulaba, cambiando de canal precipitadamente, cando oía chegar a Sara. Esgotara todos os encrucillados, autodefinidos e sudokus do mercado. “Fai encrucillados, papá, que son bos para a memoria”. A memoria e a lucidez eran, xustamente, as que lle arruinaban a vida. Xa non esperaba nada; non conseguía enganarse por moitos encrucillados que fixese. 

Cando os seus colegas lle falaran do asunto, tivo un primeiro momento de rexeitamento total e non quixo escoitalos. Pero a idea prendeu e foi enraizando ata que empezou a desenvolvela, coma quen resolve unha charada, só por xogar. E viu que tiña posibilidades. Chegou un momento que non podía pensar noutra cousa. Tiñan razón en que el era o máis idóneo para facelo: era un home cabal, tiña unha reputación de integridade e seriedade e tamén tiña máis información ca ninguén. Sabía o que tiña que facer e que paso dar en cada momento. El nunca deixaba as cousas a medias.

Nin nos máis grandes momentos de delirio se lle ocorrería a el só unha cousa así, pero, seguía dándolle voltas á cabeza, maquinando estratexias, optimizando recursos…

Unha mañá ao levantarse sentiuse máis lixeiro e notou que a nube de cinza era máis liviá. Latíalle forte o corazón cando levantou o teléfono e marcou o número de Pancho.

Sería un atraco perfecto.

 

Charo Cuba quedó en el paro a los 58 años y escribe historias como terapia contra la desesperanza.

Deja un comentario

Archivado bajo H1, Relato

KIKE BENLLOCH

 

Kike Benlloch (A Coruña, 1974) traballa con computadores, escribe con computadores e ocasionalmente, deseña con boli, lapis… ou computadores.

1 comentario

Archivado bajo H1, Viñeta